HORARIOS

Creación De Músicos

Creación De Músicos

Rafa Anido.

É un músico multifacéticos e ideólogo do Galician Bizarre, proxecto crowdfunding, que xa vai pola segunda edición, e no que se recompilan bandas galegas actuais dende o pop electrónico, new wave, ata o punk ou o noise. Músico, librepensador, cristiano e anarquista, como el mesmo se define, participou en proxectos coma: Los IribarnesJiménez del Oso, Jiménez Los Santos, Cú de Vaso e actualmente en Metralletas Lecheras, Sr. Anido e Travesti Afgano


Samuel Paris.

É un escritor que en 2008 publicou Manual da destrución n’A Regueifa Plataforma. En 2012 publica Inflamable, en Edicións Positivas, e na actualidade toca o baixo no grupo local Terbutalina. Un bo poñente para unha mesa moi emerxente hoxe en día. Para máis información, pódese visitar e consultar o seu blog.


Liceo Mutante.

O Liceo Mutante é unha asociación cultural sita en Pontevedra que pretende ofrecer unha alternativa ás propostas privadas que existen na cidade mediante a creación dun espazo autoxestionado onde levar a cabo as actividades promocionadas polos nosos asociados. Outra proposta moi atractiva a escoitar despois dos múltiples altercados que tiveron coas autoridades locais da cidade non hai moito.


Metamovida.

Metamovida é un colectivo de músicos de Pontevedra que nace dunha agrupación improvisada que reúne a sete bandas. Dende aquela tocan xuntos organizando festivais, concertos, autoeditan... Pero sobre todo dinamizan e promoven actividades, en xeral, co obxectivo de crear unha estrutura que implique a outros artistas de campos como a fotografía, a ilustración, o audiovisual e o musical. Actualmente existen outras bandas que pertencen a este colectivo como poden ser: Unicornibot , Es un árbol , Cro!, Buogh!, Guerrera, Why Go y Durarará. Contan cun festival propio enfocándoo a bandas “underground” nacionais e internacionais.

Aínda que cada vez é máis grande, non deixa de ser un colectivo, é decir, xente cos mesmos obxectivos e ambicións que se xuntan para conseguir o que se propoñen. Aportarannos a experiencia de ir formando e alimentando un colectivo cada vez máis grande. Tamén nos falarán da súa experiencia co crowdfunding.



No hay comentarios:

Publicar un comentario