HORARIOS

Maya

Obradoiro Maya

Maya é un programa informático dedicado ao desenvolvemento de gráficos 3D, efectos especiais e animación. Caracterízase pola súa potencia e as posibilidades de expansión e personalización da súa interfaz e ferramentas: modelado, animación, renderización... Para levar a cabo este obradoiro orientado para os estudantes máis 'animados', contaremos coa colaboración de Gustavo Ruiz Villarreal.

Licenciado en Belas Artes na especialidade de Deseño y Audiovisuais pola Universidade de Vigo, cun Máster de posgrado en 'Creación y Comunicación Dixital' pola Universidade da Coruña. Profesional con máis de 10 anos de experiencia no campo do modelado 3D, especialmente no cine de animación, traballando simultaneamente en catro producións. Así como tamén na creación de videoxogos, curtametraxes, anuncios de televisión e mesmo videoclips musicais.

Traballou tamén como responsable do departamento de modelado da empresa Dygrafilms durante varios anos, así como de modelador e texturizador noutras empresas do sector. Entre os traballos realizados cabe salientar as longametraxes Holy Night!, El Espíritu del Bosque, El Sueño de una noche de San Juán e Brujerías; o videoxogo Zombeer (Zombies & Beer); e as curtametraxes Morti y Cribba: El Vampiro, entre outras.


Horario do seu obradoiro:

Día 1:
  1.  Introdución ao programa e a súa interfaz.
    1. Interfaz, menús, paneis, ferramentas de selección.
    2. Sistemas de coordenadas X,Y,Z e espacio 3D.
    3. Modelado e edición con primitivas (caras, aristas, vértices…).
  2. Modelado con Curvas:
    1. Creación e edición de curvas.
    2. Superficies NURBS.
    3. Modelado de superficies a partir de curvas.
    4. Superficies Planar, Loft, Square, Bevel, BRail, Extrude, Revolve...
Día 2
  1. Modelado Poligonal. 
    1. Creación de obxectos poligonais.
    2. Ferramentas de modelado (Smooth, Mirror, Proxi, Booleanas, Extrusión...).
  2. Deformadores.
Prácticas:
  1. Creación de superficies planas e volumétricas a partir de curvas.
  2. Modelado de diferentes obxectos poligonais.


1 comentario: